Sede electrónica Concello de Oroso

18:53:16 Sábado 19 de setembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria bolsa de emprego auxiliar administrativo interino

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite, poderase presentar unha solicitude para o proceso de selección dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar administrativo.

A persoa interesada no procedemento que cumpla cos requisitos da base 5 das bases de selección.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Solicitude.
  • Anexo II - Modelo de Instancia.
  • Fotocopia do D.N.I ou documento equivalente.
  • Xustificante de pagamento da taxa por dereitos de exame, que de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora queda establecida en 20,00 euros. O pago faráse nas contas bancarias do Concello no modelo de autoliquidación dispoñible na web do Concello de Oroso e nas oficinas municipais.
  • Copia do CELGA 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, para aqueles aspirantes que desexen ser exentos da realización da terceira proba da oposición de galego.
  • Copia da certificación gallega de competencias dixitais en ofimática regulada no Decreto 218/2011 da Xunta de Galicia para aqueles aspirantes que desexen ser exentos da realización da proba informática.

Nome: Convocatoria bolsa de emprego auxiliar administrativo interino.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento:
De Oficio.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición - Alzada / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Autoliquidación Taxas.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.