O procedemento de "Comunicación previa do proxecto de execución" regula a obriga de presentar o correspondente proxecto de execución e a documentación complementaria no caso de tratarse de obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación previamente autorizadas.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen realizar unha Comunicación previa do proxecto de execución
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Comunicación previa do proxecto de execución.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.