Sede electrónica Concello de Oroso

04:31:20 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades culturais

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas aulas de actividades do Concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Inscrición Aula de Actividades.
  • No caso de que o usuario sexa menor de idade: Acreditación da identidade e parentesco do solicitante que actúa na súa representación. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos a inscribir; Libro de Familia; DNI dos representantes.
  • Xustificantes de acreditación de beneficiario de bonificacións fiscais previstas na normativa de cada actividade (familia numerosa, etc).
  • No caso de que a actividade sexa de pago periódico, impreso de autorización de domiciliación bancaria.
  • Xustificante de pago de taxas/prezo público de inscrición segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Solicitude de inscrición en actividades culturais.

Unidade tramitadora: Departamento de Educación e Cultura.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: Segundo normativa de cada actividade.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas: Autoliquidación taxa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.