Sede electrónica Concello de Oroso

04:58:01 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Prazo de presentación: do 16 de Marzo ao 5 de Abril de 2024.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal
  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais.
  • Fotocopia do Libro de Familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Xustificante de ocupación ou desemprego (últimas nóminas, certificación de empresa ou certificación de ser demandante de emprego).
  • Certificado de recoñecemento de grao de discapacidade alegado polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegades polos membros da unidade familiar.
  • Informe sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades de apoio específico.
  • Documento acreditativo de incidencias tales como: separación do conxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.
  • Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
  • Xustificación de ingresos.
  • Certificado de convivencia (só para as unidades familiares que residan fóra do concello de Oroso).

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.