Sede electrónica Concello de Oroso

17:45:34 Sábado 19 de setembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Certificado de empadroamento

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.

O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo

Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento.

Os certificados colectivos, en cambio, serán tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.

Para solicitar o Certificado de Empadroamento dun menor que careza de Documento Nacional de Identidade, deberá utilizar a Solicitude Xeral e explicar esta circunstancia no EXPOSICIÓN/SOLICITUDE.  

Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Documentación acreditativa do parentesco. Documento identificativo do interesado (DNI, NIE, Pasaporte...).En caso de menores ou de persoas falecidas, deberase achegar documentación acreditativa do parentesco: libro de familia, declaración de herdeiros,etc.
  • Autorización para a representación. En caso de que o volante se solicite para persoa maior de idade, distinta do interesado, debe achegarse autorización asinada autorizando a representación.

Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.

Unidade tramitadora: Servizos xerais. Padrón de habitantes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: 
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.