Sede electrónica Concello de Oroso

01:42:09 Martes 26 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  • Fotografías. Fotografías recentes dos suxeitos a inscribir na actividade.
  • No caso de que o usuario sexa menor de idade: Acreditación da identidade e parentesco do solicitante que actúa na súa representación. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos a inscribir; Libro de Familia; DNI dos representantes.
  • Xustificantes de acreditación de beneficiario de bonificacións fiscais previstas na normativa de cada actividade (familia numerosa, etc).
  • No caso que a actividade sexa de pago periódico, impreso de autorización de domiciliación bancaria.
  • Xustificante de pago de taxas de inscrición na actividade segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Departamento de Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: Segundo a normativa de cada actividade.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Autoliquidación taxa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámiete).

                                      Presencial.